miércoles, 11 de noviembre de 2009

Saídas ao Auditorio de Galicia

0 comentarios
No primeiro trimestre, fomos dúas veces ao Auditorio de Galicia en Santiago. A primeira vez vimos O Castelo da Rocha Vella e a segunda A Cincenta. Alí escoitamos música e divertímonos moito. Había moitos nenos do noso cole e tamén doutros coles.
Andrea P. e Kike



viernes, 6 de noviembre de 2009

O Magosto

0 comentarios
Primeiro, fixemos unhas cestas con cartóns de leite e papeis de cores. Despois coloreamos unhas castañas e pegámosllas no medio. Despois baixamos ao patio cuberto onde estaban asando as castañas nunha grella enorme. Botáronnos castañas nas nosas cestas e comémolas quentiñas. Por último xogamos.

Cora e Jonathan

lunes, 2 de noviembre de 2009

O Samaín

0 comentarios
Jonathan, Antón e Ánxela trouxeron unhas cabazas grandes e pequenas á clase. As caras das cabazas daban moito medo e, como tiñan unha vela dentro, estaban brillantes. Pero despois as cabazas apagáronse e xa non estaban brillantes. Houbo moitos disfraces moi chulos e cantamos unha canción de Samaín. O teacher Manuel ensinounos unha canción en inglés de Halloween.
Sofía e Tomás
 
 

^^ 1º C ^^ Copyright 2008 All Rights Reserved Baby Blog Designed by Ipiet | All Image Presented by Tadpole's Notez