domingo, 30 de mayo de 2010

Conmemoración das Letras Galegas

0 comentarios
Hoxe celebramos o día das Letras Galegas. As nenas tocamos a pandeireta e os profes cantaron unha canción. A nosa profe tocou a gaita e o conserxe o acordeón. Algúns nenos gañaron premios polos contos que escribiron, coma a irmá de Noé, e uns nenos tocaron a guitarra moi ben e cantaron unha canción moi bonita.

Sofía e Andrea M.





miércoles, 26 de mayo de 2010

Letras Galegas 2010: Uxío Novoneyra

0 comentarios
Este ano dedicamos as Letras Galegas a Uxío Novoneira. Uxío naceu o 19 de xaneiro de 1930 en Parada de Moreda. Casou con Elva e tivo tres fillos. Viviu en moitos lugares: en Lugo, Madrid e Santiago de Compostela, pero onde máis lle gustaba estar era no Courel. Uxio foi presidente da Asociacion de Escritores en Lingua Galega. Coñeceu a moitos escritores e escritoras: Ramón Piñeiro, María Mariño, Manuel María...

Redacción: Samuel e Ronaldinho
Transcrición: Samuel, Ronaldinho, Carla e Ánxela.



Actividades sobre Uxío Novoneyra

miércoles, 19 de mayo de 2010

Anxo Fariña visita o noso cole

0 comentarios
Hoxe estivo o escritor e ilustrador Anxo Fariña no noso colexio. E isto foi o que máis lles gustou aos nenos e nenas de 1ºC:
Cando Anxo Fariña debuxou a Uxía de 1ºB e a Iago Dosil de 1ºA. Intentou convertir a Iago en vampiro, pero en vez de iso, debuxouno de vampiro e a Uxía de fada. Con eles case morremos coa risa! Un gran abrazo a todos os que vedes isto.

Pablo e Ánxela







martes, 11 de mayo de 2010

A Casa do Queixo

0 comentarios
Na excursión á Casa do Queixo, acariciamos o burro, vimos vacas, fixemos queixo, démoslle de comer ás cabras, vimos unha galiña china, plantamos leitugas, andamos cos sachos quitando herbas malas... Tamén vimos unha avestruz que estiraba o pescozo e era máis alta que o cartel co seu nome. Tamén vimos un poni, un cabalo, unha egua e porcos. As sillas de montar tamén estaban alí. Cando faciamos o queixo, espremémoslle o que ten o queixo (soro). Merendamos no campo e comemos salchichas con patacas fritas! Ah! E vimos un can na Casa do Queixo!
Brais e Carla






 

^^ 1º C ^^ Copyright 2008 All Rights Reserved Baby Blog Designed by Ipiet | All Image Presented by Tadpole's Notez