miércoles, 7 de octubre de 2009

O noso primeiro día en 1º


Ola amigos, compañeiros e familiares. Queremos contarvos como foi o noso primeiro dia de clase en 1º de Primaria. Pero antes de nada ímonos presentar. Estes somos nós:




O 10 de setembro comezaba o cole e, coma tódolos nenos, estabamos un pouco nerviosos. Claro que para nós, este era un día especial porque deixabamos de estar en Infantil e pasabamos para Primaria. Que maiores nos sentiamos! O que máis pena nos daba era que Puri xa non ía ser a nosa mestra senon que iamos ter unha nova, Tamara. O que máis nos gustou foi volver vernos todos despois das vacacións.
Como agora somos de Primaria, temos moitos libros, cadernos, o noso propio estuche cun lapis, cunha goma, cun afía, coas cores...
O primeiro día, Tamara dounos un horario que coloreamos e levamos para a casa. Tamén puxemos unhas normas que debemos cumprir este curso. Contámoslle o que fixemos nas vacacións e fixemos un debuxo. Tamén escoitamos un conto que nos leu a profe.

Seguiremos contando todo o que facemos no cole neste blog. Ata pronto.

0 comentarios on "O noso primeiro día en 1º"

Publicar un comentario

 

^^ 1º C ^^ Copyright 2008 All Rights Reserved Baby Blog Designed by Ipiet | All Image Presented by Tadpole's Notez