lunes, 12 de abril de 2010

Encántanos Plástica!!!


Os venres temos plástica e gústanos moito. Facemos moitas cousas divertidas. Por exemplo, fixemos murais para o outono e o inverno. Agora estamos facendo o da primavera. Tamén estamos facendo "Gastóns" con forma de tiburón. Para iso recortamos a súa forma nun cartón e pegámoslle papel mezclado con cola branca. Cando estaba seco, pintámolo con pintura gris. Tamén fixemos flores con tiras de cartulinas de cores pegándoas nunha cartulina máis grande. Outro día, debuxamos unhas flores, recortámolas e pegámolas nas ventás da clase. Que ben o pasamos os venres!

David e Desi



0 comentarios on "Encántanos Plástica!!!"

Publicar un comentario

 

^^ 1º C ^^ Copyright 2008 All Rights Reserved Baby Blog Designed by Ipiet | All Image Presented by Tadpole's Notez