martes, 22 de junio de 2010

Fin de curso

0 comentarios
Parece mentira, pero xa rematou o curso. Hai nadiña comezabamos a coñecernos e agora xa nos temos que despedir. Pero como as despedidas deben ser alegres, aí van algunhas fotos deste día, así como a nosa canción preferida deste curso:



Adeus Puri

0 comentarios
Estamos escribindo sobre Puri porque se vai xubilar. Queremos adicarlle este poema:
Educar es lo mismo
que poner un motor a una barca...
Hay que medir, pensar, equilibrar...,
y poner todo en marcha.

Pero para eso,
uno tiene que llevar en el alma
un poco de marino...,
un poco de pirata...,
un poco de poeta...,
y un kilo y medio de paciencia concentrada.

Pero es consolador soñar,
mientras uno trabaja,
que ese barco, ese niño,
irá muy lejos por el agua.

Soñar que ese navío
llevará nuestra carga de palabras
hacia puertos distantes, hacia islas lejanas.

Soñar que, cuando un día
esté durmiendo nuestra propia barca,
en barcos nuevos seguirá
nuestra bandera enarbolada.

Gabriel Celaya

Tamén lle queremos dicir isto:
Grazas Puri por ensinarnos moito.
Querémoste moito Puri.
Un abrazo para Puri. Mua, mua. Chao.
Andrea P. e Antón


E agora, unhas fotos de Puri de cando estabamos en infantil, que nolas enviou Iago, e outras de cando lle regalamos o libro entre todos coas nosas adicatorias e debuxos. Algúns ata botaron unhas lagrimiñas da emoción!



martes, 8 de junio de 2010

Galicia Dixital e exposición da Fundación Caixa Galicia

0 comentarios
Ola! Onte fomos a Galicia Dixital e a un museo. En Galicia Dixital andamos nas carrilanas, montamos nun submarino, pero o que máis nos gustou foi montar na montaña rusa e ata se movían os asentos! No museo da Fundación Caixa Galicia, fóronnos marcando selos na nosa compostelá coma os peregrinos.
Carla e Tomás



domingo, 30 de mayo de 2010

Conmemoración das Letras Galegas

0 comentarios
Hoxe celebramos o día das Letras Galegas. As nenas tocamos a pandeireta e os profes cantaron unha canción. A nosa profe tocou a gaita e o conserxe o acordeón. Algúns nenos gañaron premios polos contos que escribiron, coma a irmá de Noé, e uns nenos tocaron a guitarra moi ben e cantaron unha canción moi bonita.

Sofía e Andrea M.





miércoles, 26 de mayo de 2010

Letras Galegas 2010: Uxío Novoneyra

0 comentarios
Este ano dedicamos as Letras Galegas a Uxío Novoneira. Uxío naceu o 19 de xaneiro de 1930 en Parada de Moreda. Casou con Elva e tivo tres fillos. Viviu en moitos lugares: en Lugo, Madrid e Santiago de Compostela, pero onde máis lle gustaba estar era no Courel. Uxio foi presidente da Asociacion de Escritores en Lingua Galega. Coñeceu a moitos escritores e escritoras: Ramón Piñeiro, María Mariño, Manuel María...

Redacción: Samuel e Ronaldinho
Transcrición: Samuel, Ronaldinho, Carla e Ánxela.



Actividades sobre Uxío Novoneyra

miércoles, 19 de mayo de 2010

Anxo Fariña visita o noso cole

0 comentarios
Hoxe estivo o escritor e ilustrador Anxo Fariña no noso colexio. E isto foi o que máis lles gustou aos nenos e nenas de 1ºC:
Cando Anxo Fariña debuxou a Uxía de 1ºB e a Iago Dosil de 1ºA. Intentou convertir a Iago en vampiro, pero en vez de iso, debuxouno de vampiro e a Uxía de fada. Con eles case morremos coa risa! Un gran abrazo a todos os que vedes isto.

Pablo e Ánxela







martes, 11 de mayo de 2010

A Casa do Queixo

0 comentarios
Na excursión á Casa do Queixo, acariciamos o burro, vimos vacas, fixemos queixo, démoslle de comer ás cabras, vimos unha galiña china, plantamos leitugas, andamos cos sachos quitando herbas malas... Tamén vimos unha avestruz que estiraba o pescozo e era máis alta que o cartel co seu nome. Tamén vimos un poni, un cabalo, unha egua e porcos. As sillas de montar tamén estaban alí. Cando faciamos o queixo, espremémoslle o que ten o queixo (soro). Merendamos no campo e comemos salchichas con patacas fritas! Ah! E vimos un can na Casa do Queixo!
Brais e Carla






viernes, 30 de abril de 2010

Escribimos contos e facemos uns marcapaxinas

0 comentarios


lunes, 12 de abril de 2010

Encántanos Plástica!!!

0 comentarios
Os venres temos plástica e gústanos moito. Facemos moitas cousas divertidas. Por exemplo, fixemos murais para o outono e o inverno. Agora estamos facendo o da primavera. Tamén estamos facendo "Gastóns" con forma de tiburón. Para iso recortamos a súa forma nun cartón e pegámoslle papel mezclado con cola branca. Cando estaba seco, pintámolo con pintura gris. Tamén fixemos flores con tiras de cartulinas de cores pegándoas nunha cartulina máis grande. Outro día, debuxamos unhas flores, recortámolas e pegámolas nas ventás da clase. Que ben o pasamos os venres!

David e Desi



domingo, 11 de abril de 2010

Museos Científicos Coruñeses

0 comentarios
No segundo trimestre fomos á Coruña aos tres museos científicos:
Na Casa das Ciencias descubrimos cousas moi chulis e moi raras. Na Casa do Home descubrimos que o cerebro e o corazón son os elementos máis importantes do corpo. No acuario vimos focas e a Gastón, o tiburón.
Antón e Iago



domingo, 21 de marzo de 2010

Día da Árbore: Plantamos unha maceira

0 comentarios
O día da árbore plantamos unha maceira nas pistas, detrás das canastas, ao lado do bosque, arriba dun muro de pedra, detrás dunha rede verde para non darlle á árbore. Cando rematamos de plantar a maceira, algúns colleran miñocas e coidámolas e démoslles de comer. Pasámolo moi ben porque había moita vexetación e moitas árbores ao arredor dos nenos de todos os cursos.
Andrea M. e Noé



miércoles, 17 de febrero de 2010

O Entroido

0 comentarios
O venres 12 de febreiro disfrazámonos de bonecos de neve no cole e Ronald foi de boneco de neve de spiderman. Levamos filloas, orellas, rosquillas... e comémolas cos nosos compañeiros de 1º e 2º. Despois saímos a desfilar ao patio e queimamos o meco.
O sábado 13 de febreiro, Ronald e eu fomos de fogo e pasámolo fenomenal. Comemos algodón de azucre e fomos a un concurso. Ganamos a medalla por sorteo e os demais unha medalla de plástico. ja ja ja. Que risa! E un neno foi de paiaso e pasámolo bomba!
María e Ronaldinho



Aí vos vai un xogo de facer máscaras.

sábado, 30 de enero de 2010

A Paz

0 comentarios
Ola! Chámome Mónica e estou co meu compañeiro Pablo. Imos contarvos o que fixemos para celebrar o día da Paz. Foi moi divertido!
Primeiro, fixemos unhas pombas de papel e pegámolas nun gran folio. Despois, fixemos unha ficha das cousas da paz, recortámolas e pegámolas nas nosas pombas. Por último aprendemos a canción de Juanes e cantámola con todo o colexio.
Pablo e Mónica

jueves, 10 de diciembre de 2009

O Nadal

0 comentarios
Fixemos unha árbore debuxando as nosas mans e recortándoas en folios de cor verde. Despois pegámolas na árbore de Nadal. Tamén fixemos adornos que parecían medallas de ouro ou de prata. A profe María estaba connosco daquela e ensinounos a facer estrelas coma a da árbore. Sacamos fotos diante da árbore de Nadal feita coas nosas mans. Tamén sacamos fotos con María e Tamara.
Samuel e Ánxela




miércoles, 11 de noviembre de 2009

Saídas ao Auditorio de Galicia

0 comentarios
No primeiro trimestre, fomos dúas veces ao Auditorio de Galicia en Santiago. A primeira vez vimos O Castelo da Rocha Vella e a segunda A Cincenta. Alí escoitamos música e divertímonos moito. Había moitos nenos do noso cole e tamén doutros coles.
Andrea P. e Kike



viernes, 6 de noviembre de 2009

O Magosto

0 comentarios
Primeiro, fixemos unhas cestas con cartóns de leite e papeis de cores. Despois coloreamos unhas castañas e pegámosllas no medio. Despois baixamos ao patio cuberto onde estaban asando as castañas nunha grella enorme. Botáronnos castañas nas nosas cestas e comémolas quentiñas. Por último xogamos.

Cora e Jonathan

lunes, 2 de noviembre de 2009

O Samaín

0 comentarios
Jonathan, Antón e Ánxela trouxeron unhas cabazas grandes e pequenas á clase. As caras das cabazas daban moito medo e, como tiñan unha vela dentro, estaban brillantes. Pero despois as cabazas apagáronse e xa non estaban brillantes. Houbo moitos disfraces moi chulos e cantamos unha canción de Samaín. O teacher Manuel ensinounos unha canción en inglés de Halloween.
Sofía e Tomás
 

miércoles, 7 de octubre de 2009

O noso primeiro día en 1º

0 comentarios
Ola amigos, compañeiros e familiares. Queremos contarvos como foi o noso primeiro dia de clase en 1º de Primaria. Pero antes de nada ímonos presentar. Estes somos nós:




O 10 de setembro comezaba o cole e, coma tódolos nenos, estabamos un pouco nerviosos. Claro que para nós, este era un día especial porque deixabamos de estar en Infantil e pasabamos para Primaria. Que maiores nos sentiamos! O que máis pena nos daba era que Puri xa non ía ser a nosa mestra senon que iamos ter unha nova, Tamara. O que máis nos gustou foi volver vernos todos despois das vacacións.
Como agora somos de Primaria, temos moitos libros, cadernos, o noso propio estuche cun lapis, cunha goma, cun afía, coas cores...
O primeiro día, Tamara dounos un horario que coloreamos e levamos para a casa. Tamén puxemos unhas normas que debemos cumprir este curso. Contámoslle o que fixemos nas vacacións e fixemos un debuxo. Tamén escoitamos un conto que nos leu a profe.

Seguiremos contando todo o que facemos no cole neste blog. Ata pronto.
 

^^ 1º C ^^ Copyright 2008 All Rights Reserved Baby Blog Designed by Ipiet | All Image Presented by Tadpole's Notez